miércoles, 12 de enero de 2011

ZARA, o éxito dunha multinacional galega


No ano 1975, Amancio Ortega Gaona (Busdongo de Arbás, León, 1936), o fundador da empresa Inditex S.A. (Industrias de Deseño Téxtil Sociedade Anónima), abríu a súa primeira tenda Zara na Coruña. Trinta e cinco anos despois, ten máis de 1422 tendas desta firma en máis de 73 países de Europa, América, África e Asia, situadas nas rúas máis céntricas das principais cidades. Ademáis temos que sumarlle o recente lanzamento dunha tenda on line, w.w.w.zara.com, que conta cun gran número de internautas de compras, sen pisar o probador. Esta chegada de Zara á rede xerará unha interesante guerra por liderar o comercio electrónico en España especializado en moda.
Este emporio de tendas de moda xuvenil e desenfadada, non para de medrar e esténdese hoxe en día polas máis importantes capitais do mundo, dende Milán ata Tokio, dende Dubai a Nova York, dende Berlín a París, pasando por todas as grandes cidades españolas, deste xeito temos a súa presenza en máis de 400 cidades. Cada día e medio, unha nova tenda inaugúrase nalgún lugar do planeta. Zara é, sen dúbida, o maior logro desta multinacional, que acaba de converterse no primeiro grupo téxtil do mundo, superando á empresa estadounidense Gap. O éxito desta empresa gallega non queda aquí xa que conta con 8 firmas comerciais máis: Massimo Dutti, Pull & Bear, Bershka, Stradivarius, Oyso, Kiddy´s Class, Zara Home e Uterqüe, converténdose no segundo grupo con máis tendas no mundo (en torno ás 5000 tendas), só por detrás da italiana Bennetton.
Esta multinacional téxtil, líder de vendas a nivel mundial, que sitúa o seu creador entre as dez mayores fortunas do mundo, está formada hoxe por máis de 93.000 empregados de 140 nacionalidades diferentes. Nas súas tendas e oficiñas fálanse preto de corenta idiomas.



A continuación imos ver o documental "Planeta Zara" onde se analizan os principais elementos que contribúen o éxito desta organización empresarial.



ACTIVIDADES
1.- Fai un breve comentario sobre o tema que trata o texto
2.- Por que Inditex se considera unha empresa multinacional?
3.- Cales son os factores do éxito de Zara?
4.- Indica que factores contribúen a aumentar os beneficios de Zara
5.- Explica como se manifesta neste caso o proceso de deslocalización industrial que caracteriza ás empresas europeas?
6.- Ti, como consumidor, que vantaxes destacarías de Zara fronte a outras firmas e comercios de roupa? E que problemas?
7.- Le o seguinte fragmento do código de Conduta Interno da empresa e responde as preguntas:

CÓDIGO DE CONDUTA INTERNO
- Inditex non emprega a ninguén que estea por debaixo da idade legal.
- Ningunha persoa empregada en Inditex é discriminada por cuestións de raza, discapacidade física, relixión, idade, nacionalidade ou sexo.
- Os empregados de Inditex teñen recoñecido o dereito a sindicarse, asociarse e a negociación colectiva.
- En Inditex non se permite ningunha forma de acoso ou abuso físico, psicolóxico, sexual ou verbal.
- Inditex garante que os seus empregados desenvolvan o seu traballo en lugares seguros e saudables.
- O salario que reciben os traballadores de Inditex é acorde coa función que desempeñan, sempre respectando os convenios de cada sector.


8.- Elabora unha listaxe dos dereitos que a empresa Inditex recoñece os seus traballadores.

OS MICROCRÉDITOS


Fai uns 30 anos que comezaron a funcionar os microcréditos. A idea xurdíu o mesmo tempo en dous países, Brasil e Bangladesh. Nembargantes, tivo un maior desenvolvemento en Bangladesh. Foi neste país onde a principios dos anos oitenta Muhammad Yunus, tamén coñecido como o banqueiros dos pobres, creou o Banco Grameen. Un banco que ofrece microcréditos, é dicir, pequenos créditos sen avales, a persoas con moi poucos recursos (campesiños sen terras, artesáns sen ferramentas, ... ), para que superen a espiral da pobreza.

O Banco Grameen nace das experiencias persoais dun xoven Muhammad Yunus, un profesor de economía da Universidade de Chittagong, que na súa vida cotiá, descubríu a situación de pobreza que padecían os habitantes de moitas das aldeas que tiña que atravesar a diario (falta de alimentos, usureros que se enriquecían,...).

Nunha das visitas a esas aldeas falou cunha muller que facía cadeiras e preguntóulle se lle daba para vivir ben. Ela lle contestou que non. Que case todo o que gañaba o tiña que dar a persoa que lle entregaba o bambú, que ademáis era quen lle mercaba as cadeiras e fixaba o prezo delas. Yunus preguntóulle polo pobo e alí atopou a unhas 50 persoas na mesma situación. Esta experiencia foi a que levou a Yunus a conceder 100 dólares, en calidade de préstamo a un interés moi baixo, a esas persoas. O experimento funcionó. A xente do pobo comezou a ter cartos para comer, dar educación os seus fillos e a vez fabricar os produtos que vendían.

Como veremos, nos seguintes reportaxes, o que entonces parecía unha aventura de gran risco é na actualidade unha das ofertas financieiras máis sólidas do mundo, da man dunha institución que concedeu unha morea de microcréditos a persoas como poucos recursos.














ACTIVIDADES


- Investiga quen é Muhammad Yunus e cales son as súas propostas acerca da economía mundial.
- A proposta de Muhammad Yunus está directamente relacionada coa economía, por que lle concederon o premio Nobel da Paz no 2006?
- Busca información sobre o Banco Grameen e responde as preguntas:

  1. Que significa Grameen?

  2. Cando se creou o Banco Grameen? En que país?

  3. Hoxe en día, en que países ten presencia este banco?

  4. A quen lle presta diñeiro?

  5. Explica como funciona e se xestionan os préstamos.

  6. Cres que a intención de Yunus é soamente axudar a xente ou obtén algún
    beneficio económico?

- Detecta as diferencias esenciais entre as condicións que esixe un banco tradicional para conceder un crédito e as que esixe o Grameen.
- Por que, segundo Muhammed Yunus, os bancos tradicionais non queren prestar cartos ás persoas que teñen poucos ingresos ou demandan pouca cantidade de diñeiro? Con que obxectivos constitúense os bancos privados?
- Averigua cal era o espírito inicial das caixas de aforros; compárao có microcrédito.
- Cal é a razón que explica que o Banco Grameen presta máis ás mulleres que ós homes?



OUTROS EXEMPLOS DE MICROCRÉDITOS NO MUNDO

Hoxe en día os microcréditos estendéronse o resto dos países, incluidos os desenvolvidos.

Microcréditos en España


Microcréditos en Etiopía