Recentemente asistimos ó descubrimento dentro do mundo científico da primeira célula artificial, algo impensable ata o de agora, cuxa técnica abre uns novos horizontes na investigación da biotecnoloxía e presenta múltiples aplicacións que poderán ser moi útiles para a humanidade na produción de hidrocarburos, na defensa ambiental e na saúde (produtos farmacéuticos). Pero a pesar disto, os danos tamén poderían ser inimaxinables se se emprega, por exemplo, para a fabricación de armas biolóxicas, polo que está a xerar incertidumes na comunidade científica, reaccións en certos expertos en bioética (por exemplo Arthur Caplan, profesor de bioética da Universidade de Pennsylvania, sinala as implicacións filosóficas, ao afirmar que o traballo de Venter acaba có vitalismo, é dicir, con todas as correntes filosóficas e relixiosas que creen que detrás a vida necesita algo espiritual para a súa creación). e en científicos relixiosos, que tratan de por límites a creación dunha vida artificial. Ademais estes non creen que se poida falar dunha forma de vida “verdadeiramente artificial” xa que o xenoma sintético foi colocado nunha célula natural.
VÍDEOS
ACTIVIDADES
En primeiro lugar, navega pola web na busca de información sobre este prezado invento e o seu inventor. Le con atención os artigos de prensa que atopes e trata de dar unha resposta as seguintes preguntas:
- Que é unha célula artificial?
- En que consistíu o descubrimento da primeira célula artificial de Craig Venter?
- O consideras este descubrimento realmente importante para a humanidade?. Por que?
- Cal cres que é o motivo que leva a que certos sectores sociais queran frear ou por límites a este revolucionario invento?
- Indica dúas consecuencias positivas e negativas deste invento para a humanidade.
- Que outros logros atribúense a este investigador?.
- Investiga sobre a figura de Craig Venter e fai unha descripción da súa traxectoria persoal e profesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario