miércoles, 12 de enero de 2011

ZARA, o éxito dunha multinacional galega


No ano 1975, Amancio Ortega Gaona (Busdongo de Arbás, León, 1936), o fundador da empresa Inditex S.A. (Industrias de Deseño Téxtil Sociedade Anónima), abríu a súa primeira tenda Zara na Coruña. Trinta e cinco anos despois, ten máis de 1422 tendas desta firma en máis de 73 países de Europa, América, África e Asia, situadas nas rúas máis céntricas das principais cidades. Ademáis temos que sumarlle o recente lanzamento dunha tenda on line, w.w.w.zara.com, que conta cun gran número de internautas de compras, sen pisar o probador. Esta chegada de Zara á rede xerará unha interesante guerra por liderar o comercio electrónico en España especializado en moda.
Este emporio de tendas de moda xuvenil e desenfadada, non para de medrar e esténdese hoxe en día polas máis importantes capitais do mundo, dende Milán ata Tokio, dende Dubai a Nova York, dende Berlín a París, pasando por todas as grandes cidades españolas, deste xeito temos a súa presenza en máis de 400 cidades. Cada día e medio, unha nova tenda inaugúrase nalgún lugar do planeta. Zara é, sen dúbida, o maior logro desta multinacional, que acaba de converterse no primeiro grupo téxtil do mundo, superando á empresa estadounidense Gap. O éxito desta empresa gallega non queda aquí xa que conta con 8 firmas comerciais máis: Massimo Dutti, Pull & Bear, Bershka, Stradivarius, Oyso, Kiddy´s Class, Zara Home e Uterqüe, converténdose no segundo grupo con máis tendas no mundo (en torno ás 5000 tendas), só por detrás da italiana Bennetton.
Esta multinacional téxtil, líder de vendas a nivel mundial, que sitúa o seu creador entre as dez mayores fortunas do mundo, está formada hoxe por máis de 93.000 empregados de 140 nacionalidades diferentes. Nas súas tendas e oficiñas fálanse preto de corenta idiomas.



A continuación imos ver o documental "Planeta Zara" onde se analizan os principais elementos que contribúen o éxito desta organización empresarial.



ACTIVIDADES
1.- Fai un breve comentario sobre o tema que trata o texto
2.- Por que Inditex se considera unha empresa multinacional?
3.- Cales son os factores do éxito de Zara?
4.- Indica que factores contribúen a aumentar os beneficios de Zara
5.- Explica como se manifesta neste caso o proceso de deslocalización industrial que caracteriza ás empresas europeas?
6.- Ti, como consumidor, que vantaxes destacarías de Zara fronte a outras firmas e comercios de roupa? E que problemas?
7.- Le o seguinte fragmento do código de Conduta Interno da empresa e responde as preguntas:

CÓDIGO DE CONDUTA INTERNO
- Inditex non emprega a ninguén que estea por debaixo da idade legal.
- Ningunha persoa empregada en Inditex é discriminada por cuestións de raza, discapacidade física, relixión, idade, nacionalidade ou sexo.
- Os empregados de Inditex teñen recoñecido o dereito a sindicarse, asociarse e a negociación colectiva.
- En Inditex non se permite ningunha forma de acoso ou abuso físico, psicolóxico, sexual ou verbal.
- Inditex garante que os seus empregados desenvolvan o seu traballo en lugares seguros e saudables.
- O salario que reciben os traballadores de Inditex é acorde coa función que desempeñan, sempre respectando os convenios de cada sector.


8.- Elabora unha listaxe dos dereitos que a empresa Inditex recoñece os seus traballadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario