jueves, 3 de febrero de 2011

INVENTOS E INVENTORES


Unha das características que diferencia ao home como ser racional dos demáis seres é a súa capacidade de lograr inventos.
Desde os comenzos da aparición do home, éste esforzouse por realizar elementos ou útiles que fagan máis factibles algunhas tareas ou que resolvan problemas que se lle plantexan e os que había que buscarlles unha solución.
Deste xeito a Historia da humanidade está chea de prezados inventos que revolucionaron os modos de vida das xentes. Tan só pensar na locomotora, na lavadora, na lámpada incandescente.... ou no utillaxe lítico empregado na prehistoria polo xénero homo, para cazar, pescar, recolectar moluscos,.... Pero, detivéchete algunha vez a pensar, que é o que leva a todo inventor a desenvolver unha idea creativa?. As respostas poden ser moi variadas, dende o puro altruismo ata motivacións xeradas pola propia demanda dos cidadáns.
Ao longo dos séculos XIX e XX van a ser moitas as innovacións tecnolóxicas aplicadas ao mundo doméstico, á industria, á construcción, á mediciña, á agricultura, á industria alimentaria, ó transporte, ás telecomunicacións, etc., tan só pensar no somerxible, teléfono, bombilla, radio, automóbil, penicilina, imprenta, lavadora, aspiradora ou no propio ordenador. Neste contexto temos a grandes inventores da Humanidade que cos seus descubrimentos melloraron a sociedade actual, entre eles cabe destacar a Marconi, Alexander Fleming, Gütenberg, Morse, Elisha Graves Otis, Edison, Watt, Isaac Peral, Louis Pasteur ou Narciso Monturiol.
Tamén as Guerras Mundiais impulsaron o desenvolveron de novos tipos de armamento, como o gas venenoso, a bomba atómica, os misís de longo alcance e a máscara antigas.
Xa no novo século os inventos van proliferar por doquier, como exemplo a recente creación por parte dunha empresa galega dunha batea somerxible, adicada o cultivo de moluscos ou o descubrimento da primeira célula artificial, algo impensable ata o de agora.

VÍDEOS ON LINE:

Inventores do Mundo Moderno


Avances tecnolóxicos na Historia

ACTIVIDADES

- Cales cres que son os pasos que ten que dar todo inventor de ideas novas, antes e despois de levar a cabo o seu proxecto de investigación?
- Pensa durante uns instantes nun invento que consideres moi importante para a sociedade actual.
- Xa o tes?. Cal é a razón que che levou a escoller ese invento?. Xustifica de xeito razoado a túa resposta.

Agora vai escomezar o teu traballo de investigación:

- En primeiro lugar, terás que documentarte sobre o invento, é dicir, buscar información sobre o mesmo (autor, cronoloxía, breve historia do invento, publicidade, financiación,...).
- A continuación elaborarás un traballo sobre o mesmo:

Terás que realizar una FICHA TÉCNICA do invento:

Nome do invento:
Autor/a ou autores:
Cronoloxía:
Materiais:
Dimensións:
Utilidade:
Breve descripción:


Tamén recollerás información relativa a HISTORIA ou evolución do propio invento. E xa por último farás unha alusión a BIOGRAFÍA DO INVENTOR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario