domingo, 8 de mayo de 2011

O ALZHEIMER



O 21 de setembro celébrase o día mundial do Alzheimer, data elixida pola Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer. O propósito desta conmemoración é dar a coñecer a enfermidade e difundir información ao respecto, solicitando o apoio e a solidariedade da poboación en xeral, de institucións e de organismos oficiais.

QUE É O ALZHEIMER?

A demencia tipo Alzheimer é unha enfermidade progresiva, dexenerativa e irreversible da cortiza cerebral que provoca a deterioración da memoria, orientación, xuízo, linguaxe, personalidade e conduta, interferindo coa capacidade para realizar as actividades da vida diaria. O seu nome provén de Aloís Alzheimer, un neurólogo alemán que en 1907 describiu os síntomas que presentaba unha muller de 48 anos como graves problemas de memoria así como as características neuropatolóxicas da enfermidade de Alzheimer.
Evoluciona por etapas; a deterioración é insidiosa e lenta. A maioría das vítimas desta enfermidade son persoas maiores de 65 anos; pero, pode aparecer a idades moito máis temperás.
É moi difícil diagnosticarla, xa que o seu comezo é lento, case imperceptible e con frecuencia atribúese a outras enfermidades. Afecta ao cerebro, borrando a sabedoría adquirida a través dos anos.
A súa orixe é incerta e afecta a calquera persoa independentemente de sexo, escolaridade, ocupación, clase social, etc. O seu comezo é impredecible e evoluciona de maneira diferente en cada caso. Un diagnóstico temperán da enfermidade de Alzheimer axuda aos pacientes e ás súas familias a planear o futuro. Así mesmo, dálles tempo para considerar as opcións de atención.

CURTAMETRAXE: WHAT IS THAT?




ACTIVIDADES

1.- Unha vez vista a curtametraxe “What is that” responde ás seguintes preguntas:

- Cal cres que é o tema do curto?
- Que sentimentos provocou en ti?
- Que quere transmitirnos o seu autor?
- Fai referencia a algunha enfermidade actual?

2.- Coñeces algunha persoa do teu medio que teña diagnosticada esta enfermidade?

3.- Poderías citar algunhas características desta enfermidade?

4.- Cal cres que é a razón que levou á realización de campañas publicitarias sobre esta enfermidade?

No hay comentarios:

Publicar un comentario