sábado, 28 de mayo de 2011

COMERCIO XUSTO. ORO NEGRO


COMERCIO XUSTO

Cando nos achegamos a unha tenda a adquirir un produto, rara vez coñece as circunstancias nas que foi elaborado. Polo xeral tendemos a fixarnos no prezo, no sabor, na embalaxe, pero rara vez pensamos nas persoas que o produciron. Por exemplo, cando temos na man un paquete de café do supermercado, non nos paramos a pensar:

- Canto diñeiro do que eu pago por este paquete chegará as/aos produtoras/es?
- Estará producido de maneira respectuosa co medio?
- Traballan nenas e nenos para producilo?
- Cobrarán homes e mulleres igual?
- Respectaranse os horarios laborais?

Se, con ese café na man, nos parásemos a pensar en todas estas cousas, seguramente as respostas nos obrigarían a deixar o paquete de volta no andel.
É así, como con ese pequeno xesto de poñer no carro un produto, como contribuímos á explotación de millóns de persoas.

O comercio xusto promove un sistema alternativo máis xusto de relacións comerciais e produtivas entre o Norte e o Sur do planeta.

Os seus principios son:

• Condicións de traballo dignas e salarios xustos
• Ausencia de explotación infantil
• Igualdade de oportunidades e de tratoRespecto polos Dereitos Humanos
• Respecto polas culturas indígenas
• Funcionamento democrático das organizacións que interveñen
• Relación comercial a longo prazo
• Pagamento dunha parte do prezo por adiantado (ata un 60)
• As/os produtoras/es destinan parte dos seus beneficios ao desenvolvemento das súas comunidades (sanidade, educación, formación laboral, etc
• Redución da cadea de intermediarios
• Información ao consumidor/a (transparencia
• Produtos de calidade
• Respecto polo entorno
• Fomento do mercado local e diversificación da produción


ORO NEGRO

FICHA TÉCNICA
Autorizada para: Todos os públicos
Ano: 2006
Xénero: Películas documentales
Dirixida: Marc Francis, Nick Francis
Música: Andreas Kapsalis
Montaxe: Hugh Williams
Produtores executivos: Christopher Hird
Distribuida por: Karma Films Spain

SINOPSE
É un documental que mostra como os produtores de café dos países do Sur vense obrigados a abandonar as súas terras pola presión á baixa dos prezos exercida polas multinacionais no seu afán desmedido de enriquecemento. As multinacionais controlan unha industria que move miles de billóns de euros anuais. Un feito constatado contra o que loitan moitas organizacións do Comercio Xusto.

VÍDEO


ACTIVIDADES
- Que entendes por comercio xusto?
- Que obstáculos atopan as producións dos países menos desenvolvimos para competir no mercado mundial?
- Que dificulades teñen para o seu desenvolvemento industrial os países do chamado Terceiro Mundo?
- En que productos poden ser máis competitivos cós países desenvolvidos? En cales menos? Por que?

No hay comentarios:

Publicar un comentario