miércoles, 18 de mayo de 2011

O RACISMO


ARTIGO REVISTA "ESCUELA ESPAÑOLA"

O 86% dos escolares españois non se considera racista, pero o 65% di que os seus compañeiros e compañeiras de estudo si que o son. O 72% non dubida en afirmar que España é un país racista. Estes datos despréndense dunha enquisa realizada en 1997 por Tomás Calvo Buezas, catedrático de Antropoloxía Social na Universidade Complutense de Madrid, entre 6.000 alumnos e alumnas de 145 centros docentes públicos e privados de toda España.

Os resultados da enquisa levan a Calvo Buezas a admitir a ignorancia dos escolares españois sobre o fenómeno da inmigración. Así, por exemplo, o 65,4% cre que en España vive un número semellante moi superior de inmigrantes que no resto dos países da Unión Europea, cando iso non é o certo (en Europa a taxa de inmigrantes é do 65% e en España do 1,5%), ou que os que hai quitan postos de traballo aos españois cando a verdade é que os traballos que realizan son os que aqueles rexeitan.

Un 26% dos alumnos e alumnas enquisados amosouse partidario dunha España “branca e unicamente occidental” e outro 26,8% opinaba que os inmigrantes deberían abandonar a súa cultura e asumir a do país de admisión. Un 27% dos escolares expulsaría aos xitanos (en 1993 era un 30,8%), un 24% aos árabes e o 13% aos negros e indios. O 15% expulsaría aos xudeus (en 1993 era un 12,5%).

ACTIVIDADES

- Que opinión che merecen estas noticias?
- Cres que os rapaces e rapazas de hoxe en día son maiormente racistas? En que te baseas para ter esa opinión?
- Busca no dicionario o significado dos seguintes conceptos. Logo intenta definilos coas túas palabras:
• Racismo:
• Xenofobia:
• Segregación:
• Marxinación:
• Discriminación:
• Prexuízo:
• Estigmatización:
- Busca en distintos xornais noticias relacionadas coa temática do racismo.


RAP CONTRA O RACISMO



CURTAMETRAXE CONTRA O RACISMO

No hay comentarios:

Publicar un comentario