lunes, 21 de febrero de 2011

A VIAXE DE SAÍD


FICHA TÉCNICA
Dirección e deseño artístico: Coke Riobóo
Duración: 12’
Xénero: comedia, drama.

SINOPSE
Saíd realiza unha viaxe máxica de Marrocos a España, o paraíso das oportunidades. Pero pronto os seus desexos e ilusións vense truncados polos distintos personaxes que se suceden ó longo do filme. As oportunidades non son tantas coma parecía nun comezo.

CONTEXTUALIZACIÓN
Atopámonos nun país da costa do norte de África no século XXI. As duras condicións de vida dunha familia deixan entrever a escaseza de oportunidades económicas e laborais dunha sociedade carente dos recursos básicos. Buscar unha nova vida en Europa é a ilusión de moitos xoves.

VÍDEO



ACTIVIDADES
1.- Resume en tres liñas a curta.

2.- Analiza o conto:

- 1ª parte: presentación e análise da situación familiar
• Onde vive Saíd?
• Con quen?
• A que se dedica a súa nai?
• E o seu pai?
• Cal é a súa situación económica?
• Como se entretén Saíd no seu tempo libre?
• Que representa a pulsera que lle entrega o pai?

- 2ª parte: A viaxe a Europa/ A feira
• Que representa o toro?
• Que sinte Said o chegar a feira?
• Os bonecos contra os que tira as bolas na feira representan uns personaxes da sociedade cos que adoitan atoparse os inmigrantes. A quenes representan?

- 3ª parte: Volta a realidade
• Que representa a atracción Adventure Patera?
• Saíd remata o seu soño encontrándose a se mesmo. Segue pescando. Todo era un sono ou é a verdadeira realidade dun inmigrante?

3.- Escribe un conto para explicar o que vai encontrar Saíd no teu país, a nivel de economía, amizade, colexio e o trato da xente en xeral. Merécelle a pena vir?

4.- Inventa un novo título para a curta e indica por que o elixiches.

No hay comentarios:

Publicar un comentario