martes, 15 de febrero de 2011

OS CHINDOGUS


Sabedes o que é un Chindogu?

Trátase dun termo xaponés, Chin, raro, extraño e Dogu, ferramenta.
En definitiva, un Chindogu é un obxecto absurdo e inutilizable, tanto polo seu deseño como polo seu obxectivo. Pero non todos os aparellos absurdos e inútiles poden considerarse chindogus, pois deben cumprir unha serie de características:

1.- Non está pensado para ser usado.
2.- Debe existir.
3.- Non hai ningunha regra que marque a construción dun chindogu.
4.- Non está nin pode estar á venta.
5.- O humor non debe ser o único aliciente para deseñar un chindogu.
6.- Non deben ser tabús ou “indecentes”.
7.- Non favorecen ningún tipo de prexuízos.
8.- Non poden ser nin ter publicidade.
9.- etc.

Na internet podemos atoparnos con moitísimos exemplos de obxectos sen ningunha utilidade, que na súa maioría son autoría de xaponeses, entre eles destacan un sombreiro hixiénico, un paracaídas que abre por impacto, uns palillos con ventilador para comer pasta, etc. Incluso existe unha páxina web que se encarga de recoller e regular as condicións e requerimentos que dan categoría ós chindogus , se chama International Chindogu Society (ICS).


AS LEIS DOS CHINDOGUS










VÍDEO







ACTIVIDADES

- En equipo elaborade o voso propio chindogu, logo dirase o grupo que é e por que se pensou neste chindogu. Entre tódolos alumnos, valorarase o chindogu máis creativo e original.
- Como nos sentimos cando temos total liberdade para ser creativos?
- Estamos acostumados a ser creativos?
- O equipo, potencia ou inhibe a creatividade?
- De ideas aparentemente inútiles poden saír cousas innovadoras?

No hay comentarios:

Publicar un comentario