lunes, 21 de febrero de 2011

OS NENOS DO CABLE

O seguinte vídeo amósanos as peripecias que teñen que padecer a diario, unha serie de nenos con idades entre os 7 e os 11 anos, coñecidos como os nenos do cable, para poder acceder á escola. Pois para chegar a súa escola teñen que descender por un cable de aceiro de 800 metros de longo, a unha altura de 200 metros, só coa axuda dunhas desgastadas poleas e unhas improvisadas e pouco resistentes cordas. O vertixinoso descenso dura entre 30 e 40 segundos e o chegar ao final do cable frean cunha especie de pau. Para regresar as súas casas unha vez rematada a escola suben por un cerro ata chegar de novo a un cable que os conduce as súas casas, desafiando de novo a unha suerte que parecen non ter, pero que lles acompaña cada mañá no cable.



CONTESTA SINCEIRAMENTE E REFLEXIONANDO AS SEGUINTES PREGUNTAS:

1.- Que é para ti o colexio?
2.- Por que ves?
3.- Para que cres que te serve o colexio?
4.- Que son para ti os profesores?
5.- Vendrías ao colexio se non fose obrigatorio? Por que?
6.- Que farías se non viñeras?
7.- Sabes que os 16 anos podes deixar de vir? Que vas a facer? Por que?
8.- Cres que se dan facilidades para vir? Cales?
9.- Cres que todo o mundo ten esas facilidades?

DESPOIS DE VER O VÍDEO, CONTESTA:

1.- Que pareceuche o vídeo?
2.- Algunha vez pensaches que algo así poidera acontecer?
3.- Cres que é unha excepción?
4.- Que pensas destes nenos?
5.- Que cres que lles move a facer o que fan?
6.- Que os fai parecidos e que os fai distintos?
7.- Cambiaches de opinión en algunha das túas respostas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario