miércoles, 16 de febrero de 2011

A HISTORIA DO CHUPA CHUPS



Desde finais dos anos 50 o Chupa Chups fixo máis doce a vida de millóns de persoas, pero como empezou todo aquilo. Para atopar os verdadeiros inicios do caramelo con pau, do famoso pirulí, debemos remontarnos ao século XIX. Por aquel entonces, Joseph Bernat, o avó paterno do fundador do Grupo Chupa Chups, foi recoñecido como o primeiro fabricante de confeitería en España que inaugurou unha tenda nunha das áreas comerciais mais prósperas de Barcelona. Esta tenda pronto se converteu nunha pequena fábrica de doces, onde traballaron os seus seis fillos.
En 1950, Enric Bernat, un dos netos, que aos seus 26 anos acumulara a experiencia de traballar con outros confeiteiros, decidiu que era hora de crear o seu propio negocio. Para logralo necesitou ademais do seu entusiasmo, un produto adecuado e unha marca. Así entre 1956 e 1957 tivo a idea de facer un caramelo que se puidera agarrar cun pau. A inspiración veulle de dous feitos: o maior consumidor de caramelos era o público infantil e este acostumaba a sacarse o doce da boca coa man, para ver como se consumía. Posteriormente se puxo en contacto có pintor Salvador Dalí e lle encargou o diseño do envoltorio deste caramelo con pau. O seu éxito non tardou en chegar, grazas a unha importante campaña publicitaria, e a propia bondade do produto: un caramelo cunha ampla variedade de sabores, con novo formato.
En 1959, introduciu no mercado español o primeiro caramelo redondo con pau da marca Chupa Chups. Tan só un ano despois, a madeira empregada na fabricación do seu paliño foi sustituida polo plástico. Entre 1960 e 1980 o éxito do produto foi tal que estendeu o seu mercado, implantado este produto a escala mundial.



VÍDEOS






ACTIVIDADES

- Coñeces os produtos Chupa-Chups?
- E a historia desta compañía?
- Reflexiona sobre a introdución no mercado destes caramelos con paus, a que obedece?
- Busca información en Internet sobre a empresa (tipo de empresa, capital, localización industrial, tipos de produtos, publicidade e marketing,…)

No hay comentarios:

Publicar un comentario